Pàgina 4 de 5
Próspero
Convertinme nunha rocha
ao abalo do abismo;
hai séculos que o sol me toca
e o furacán traéme aviso
que é a forza que demouca,
pero que comigo se fai o submiso.
Templo de sobreiras:
vexo cumios e torrenteiras,
non hai ningúen ao meu redor;
bébedo estou de silenzo
mentres agardo o comezo
do encendido solpor.
Saíde, agora, dos vellos niños,
bruxas, demos e grifos,
á sabática festa,
enchede a volta celeste,
que eu son o meigo,
escuro, noitebro.