15. El primer estel

 

A primera estrella

Dolce e chiara è la notte e senza vento
                                              G. Leopardi

Érguese aló no fondo unha montaña
prometedora. Acabouse o día.
Ben é non ter sempre o que queremos
e armar unha choupana de esperanzas:
no luscofusco a primeira estrela
refulxe limpa, silandeira chama
a un goce breve que non magoa
porque sabemos que ao esvaerse
ha encher de luces o firmamento.
Non podo, logo, queixarme da miña sorte;
aquí estou cheo de presentimentos
dunha vida auroral sempre futura
que é agora só noite clara sen vento.

(versió d'Helena González i Fina Iglesias)