Pàgina 5 de 10
Tarde escura
Es unha tarde escura con gritos vermellos
no fondo dun bosque de aciñeiras negras.
Vou cara ao solpor
ás apalpadas,
cargado cun gran feixe de leña
ben seca.
¿Quéresme axudar a levar este peso,
e prender unha fogueira pequena
para quecermos
as mans tan valeiras?