06. Cap a les deus

Cara ás fontes

Sé fiel
ás cousas máis miúdas;
non che é dado voar
sobre o calado abismo.
Na fráxil ponte suspensa
do canto humilde ensaia
o camiño incerto, neboento
desta á outra beira.

Murchas flores no prado,
un raiola efémera,
son agora talismáns
que todo o transfiguran.
As portas do solpor
abrénsente de par en par:
por elas, río arriba,
cara ás fontes penetras.

Indescifrables son
os signos que iluminan;
mais a cántiga humilde
a miúdo os interpreta.

(versió d'Helena González i Fina Iglesias)