5. D'una terra (II)

Dunha terra (II)

Alédame cando sinto na carballeira
o son da machada do leñador,
na ardentía vagarosa do ar
recendendo a ruda e madreselva.
Ti, leñador, coma un deus abates
árbores de soño, de lenda escura,
no ar máxico das soidades:
alá no verán o ventiño murmura,
a abella chucha romeos enfeitizados
e corre una auga cristalina e dura.

(versió d'Helena González i Fina Iglesias)